.
O Sol naceu na punta dos pés,
co canto dun paxaro na póla.
Acordei e cantabas en soños.
Mostrabas a túa cara no espello,
o espello reflictía un sorriso.
Prometías cantar máis alto
para plantar o arbusto do amor.
O Sol naceu na punta dos pés,
co canto dun paxaro na póla.
Acordei e cantabas en soños.
O vento murmuraba indiscreto
as marabillas do mundo no teu oído.
Unha brisa travessa revelaba
os segredos do fondo do mar
no teu oído curioso.
O Sol naceu na punta dos pés,
co canto dun paxaro na póla.
Acordei e cantabas en soños.
Coido que atopaches ouro suficiente.
Cansei do fondo do mar.
Logo, a néboa e as noites xeadas
van estender o primeiro xeo no chan
na esteira dunha mañá pálida.
Estás a cantar de novo en soños.
Xose de la Paz